Coñezamos algo máis sobre peixes e mariscos

Pasos da ruta do peixe
A flota pesqueira
A actividade pesqueira en España desenvolveuse e expandiuse co paso dos tempos, polo que actualmente o noso país é unha potencia pesqueira significativa no panorama europeo.
A flota pesqueira española, con máis de 9.200 barcos, representa o 20% de todos os barcos censados na Unión Europea

1 Pesca de gran altura
Os barcos acoden cara a caladoiros de latitudes moi distintas ás da costa, alí faenan polo menos durante 3 meses. Levan áncoras en parella; un barco converterase na factoría, á vez que o seu par regresará a porto cada 10 días para descargar.
2 Pesca de altura
En augas mariñas próximas relativamente ao litoral.
3 A pesca da baixura
Pequenas embarcacións próximas á costa. Os pesqueiros dedicados á captura de baixura retornan a porto tras curtos períodos no mar.
4 A lonxa do porto pesqueiro
En España hai máis de 200 lonxas, que son locais onde ten lugar a exposición e primeira venda dos produtos da pesca. Estes locais pertencen maioritariamente ás confrarías de pescadores.
5 A industria alimentaria
Unha parte importante do peixe recentemente capturado e exposto na lonxa é adquirido pola industria alimentaria. Máis de 600 entidades dedícanse á transformación e conservación do peixe e do marisco.
6 Almacenistas de orixe
Compran o peixe fresco nas lonxas e véndenllo aos almacenistas de mercado, aínda que tamén poden vender directamente ao sector detallista.
7 Almacenistas do mercado
Compran pescado aos almacenistas en orixe e véndeno a outros almacenistas de mercados centrais doutras poboacións de menor tamaño, ou a detallistas. Tamén importan e/ou exportan con outros países.
8 Detallistas
O sector detallista atópase dividido en dous grandes bloques: a venda de peixe a través de hipermercados e supermercados e o sector detallista tradicional (pescaderías, cooperativas de consumo, restaurantes, etc) que basea as súas vendas fundamentalmente nos produtos frescos.
9 O sector almacenista
A rede de MERCAS agrupa a 416 almacenistas de produtos pesqueiros, e canaliza unhas vendas superiores ás 538.342 toneladas.
10 O consumidor
O consumo media dos españois é de 25,5 quilos de produtos da pesca por persoa e ano. En Galicia, Castela-León, Asturias e País Vasco é onde máis pesca se consome.
