Ir o contido principal
06

O peixe en relación coa saúde

El pescado en relación con la salud :: 10 razóns para comer peixe

10 razóns para comer peixe

  1. É un alimento moi nutritivo e recomendable para todas as idades.
  2. A súa oferta é moi ampla, o que dá oportunidade de probar distintas especies e elixir as que máis agraden.
  3. Trátase dun alimento cun contido relativamente baixo en calorías.
  4. As súas proteínas conteñen todos os aminoácidos esenciais necesarios para o desenvolvemento, crecemento e mantemento corporal.
  5. O tipo de graxa que abunda nos peixes azuis protexe o corazón e as arterias.
  6. Diferentes compoñentes do peixe axudan a previr trastornos diversos: articulares, óseos vos, bocio...
  7. No peixe atópanse todos os nutrientes implicados no crecemento e desenvolvemento: proteínas, ácidos graxos omega-3, calcio, ferro, zinc, iodo, vitaminas do grupo B, vitaminas A, D e E.
  8. O peixe é un alimento fácil de dixerir.
  9. Admite variedade de preparacións na cociña: ferro, forno, papillote, frito, vapor, microondas, budín, pizza, en bocadillo, en ensalada...
  10. As persoas que consomen moito peixe teñen maior esperanza de vida.