Ir o contido principal
08

Toxiinfecciones alimentarias relacionadas co peixe

Toxiinfecciones alimentarias relacionadas con el pescado :: Das redes á mesa

Das redes á mesa

A prevención da presenza de determinados riscos nas zonas de captura ou de produción é, en ocasións, moi difícil. A natureza non se cambia con facilidade e os axentes patóxenos presentes de forma natural nos produtos da pesca (algunhas bacterias patóxenas, parásitos, biotoxinas) sempre estarán presentes, aínda que a contaminación química e fecal (algunhas bacterias patóxenas e enterovirus) poden ser previdas cun certo custo.

As medidas que deben terse en conta son: faenar en zonas de calidade de auga satisfactoria, dotarse de buques nos que se poidan manter as condicións de hixiene e temperaturas axeitadas, realizar prácticas de captura e faenado correctas para evitar contaminacións químicas ou biolóxicas, controlar e monitorizar as áreas de pesca para evitar a presenza de algas tóxicas e contaminación fecal.

 

Na acuicultura, o lugar de localización debe ser vixiado e autorizado pola autoridade competente e é fundamental que o produtor supervise o control dos pensos e adopte unhas boas prácticas de produción para evitar a presenza de residuos no peixe.

Toxiinfecciones alimentarias

No procesado do peixe e produtos da pesca, as bases de prevención baséanse en utilizar sistemas para salvagardar a seguridade do alimento co seguimento da metodoloxía da análise de perigos e puntos críticos de control (APPCC) e co deseño hixiénico de equipos e instalacións, o control axeitado de tempo e temperatura durante o procesado, o control da limpeza e desinfección, así como coas boas prácticas de manipulación.

Unha fase importante é a distribución do produto, na que se erixe como un factor fundamental o control estrito no mantemento da cadea do frío durante a distribución aos mercados. Tamén é importante proporcionar a información necesaria en temas de seguridade alimentaria á persoa que lle compete a responsabilidade de almacenar, manipular e cociñar alimentos, tendo en conta de que un dos grandes problemas das toxiinfecciones alimentarias producidas polos produtos da pesca é o seu consumo cru ou insuficientemente cocido.

Ademais é necesaria unha mellora das normas de etiquetaxe. No RD 331/1999 de 26 de febreiro, de normalización e tipificación dos produtos da pesca, frescos, refrigerados ou cocidos, establécese a obrigación de indicar na etiqueta do envase ou embalaxe diversas especificacións entre as que se atopan o país de orixe, a forma de captura, a categoría de calibre, a denominación científica e comercial da especie, o peso neto, e, o que é moi importante, a categoría de frescura e a data en que se determinou.