Ir o contido principal
01

Pescados y mariscos de la A a la Z:

Moluscos

Moluscos :: Suxestións para os pequenos

Suxestións para os pequenos

Os crustáceos son alimentos nutritivos que se consomen sobre todo como aperitivo ou ingrediente de numerosos pratos como paellas, pratos de pasta, pizzas, etc.

En xeral, son do agrado dos máis pequenos da casa, sexa cal for o modo no que se cociñen. No entanto, hai que ter en conta que son máis difíciles de dixerir que os peixes, polo que se recomenda non introducilos na dieta até os dous ou tres anos de idade e que non os tomen en gran cantidade. Pódense cociñar pratos tan suculentos como lasaña ou canelones recheos de espinacas e marisco, pizza mariñeira, fritos variados, etc.

É, en definitiva, unha tentación á que resulta difícil resistirse, sexa cal for a idade.