Ir o contido principal
01

Pescados y mariscos de la A a la Z:

Bacallau

Bacalao :: Suxestións para os pequenos

Suxestións para os pequenos

O bacallau é un peixe cun agradable sabor, pero máis marcado que o doutros peixes brancos. Isto pode ser unha vantaxe para que guste aos nenos. De feito, unha das razóns polas que estes rexeitan o peixe é a falta de sabor dalgúns deles, comparado co que presenta, por exemplo, un filete de porco ou de tenreira. 

O bacallau pode elaborarse de formas variadas e diversas, de maneira que aumentan as posibilidades de agradar ao padal dos pequenos da casa. Tanto as croquetas, os bolos de vento, as albóndigas, a tortilla de bacallau e, por que non, uns lombos sen espiñas cociñados cunha salsa que faga ao prato máis alegre e atractivo poden ser eleccións acertadas.