Ir o contido principal
01

Pescados y mariscos de la A a la Z:

Congro

Congrio :: Suxestións para os pequenos

Suxestións para os pequenos

O congro ten abundantes espiñas, polo que non resulta o máis idóneo para ofrecer aos nenos. Con todo, as súas espiñas son fáciles de eliminar. Ademais, a parte dianteira que vai desde a cabeza até a metade do corpo contén menos espiñas, polo que se aconsella empregar esta zona do congro para elaborar receitas para os nenos. O congro, cortado en anacos do mesmo tamaño e preparado cunhas patacas ou unha salsa de tomate, é un prato de sabor suave e moi nutritivo para que os máis pequenos vaian adquirindo o hábito para comer pescado.

O congro tamén pode ter unha boa acollida entre os nenos se se serve como acompañante a un prato de arroz ou se emprega como ingrediente xunto con outros peixes, tomate, pemento e cebola para elaborar unha apetecible empanada de congro.

A carne deste peixe tamén se presta para a elaboración de pementos recheos, croquetas, albóndigas, pizzas, empanadas... pratos moi ben aceptados polos nenos. Deste xeito, os pequenos poden gozar do peixe sen ter que preocuparse das incómodas espiñas.