Ir o contido principal
01

Pescados y mariscos de la A a la Z:

Mero ou cherna

Mero o cherna :: Introdución

Introdución

O mero ou cherna pertence á familia dos Serránidos, da orde Peciformes. Durante moito tempo foi o obxectivo dos pescadores submarinos polo seu gran tamaño, pero na actualidade é unha especie protexida.

Onde se pesca?

O mero habita en augas tropicais e tépedas como as costas de Brasil e as Bermudas (no océano Atlántico), nas augas do mar Mediterráneo e tamén nas do Pacífico. Viven nas zonas rochosas nas que abundan as covas e buracos. Adóitanse atopar a partir de 10 metros de profundidade. Viven illados nun territorio fixo no que dispón de numerosos agochos nos que desaparece ao sentirse ameazado.

Trátase dunha especie moi lonxeva, que poden chegar a vivir até 50 anos. 

As especies máis coñecidas

Ademais da especie de mero típica do océano Atlántico e do mar Mediterráneo (Epinephelus guaza), existen outras especies distribuídas por mares cálidos e tropicais. Algunhas das máis coñecidas son as seguintes.

Mero australiano (Epinephelus lanceolatus). É un dos meros de maior calibre. Mider até 3,5 m.

Mero de Nassau (Epinephelus striatus). Habita nas zonas tropicais do océano Atlántico. É un dos meros máis consumidos nos Estados Unidos.

Mero pinto ou cherna americana (Epine-phelus morio). Atópase nas costas de Florida e é considerado un dos meros con mellores calidades gastronómicas.

Mero negro (Epinephelus nigritus). Atópase nas augas do Caribe colombiano.

Mero guasa ou mero xigante (Epinephelus itajara). É un peixe de gran tamaño que pode alcanzar os 300 quilos de peso.

Mero moteado ou cherna cabrilla (Epine-phelus analogus) Recoñécese polo seu coloración, caracterizada por manchas e barras escuras sobre un corpo de cor marrón-arroxado.

Características

  • Forma: O seu corpo é alargado, aplanado nos laterais e coa mandíbula inferior saínte. A cabeza é grande, do mesmo xeito que a súa boca cun fuciño ancho, beizos moi grosos e mandíbula inferior algo saínte. Na parte dianteira das súas aletas dorales teñen de 9 a 11 espiñas.
  • Talla mínima: 45 cm.
  • Cor: É escuro e oscila entre o verde e o marrón. A súa parte inferior é amarelada. A súa aleta dorsal ten o bordo laranxa, e as demais, de bordo azul claro.
  • Lonxitude e peso: O seu tamaño varía entre as súas diversas especies, desde os 3 metros do mero australiano até os 10 cm das especies máis pequenas. Pesa entre 2 e 300 quilos.
  • Alimentación: O mero aliméntase de cangrexos, sepias e outras presas, sobre as que se abalanza e esmaga coas súas poderosas mandíbulas.