Pescados y mariscos de la A a la Z:
Troita

Calendario de temporada
Suxestións para os pequenos
A troita posúe unha carne moi fácil de dixerir e moi saborosa, moi recomendable, por tanto, para os nenos. Con todo, contén espiñas que haberá que eliminar para que non a rexeiten e non exista risco de accidentes. Para iso hai diferentes modos de preparala que poden facer que os nenos as coman sen ningunha preocupación. Por exemplo, unha sopa de peixe na que se inclúa troita, unhas croquetas ou mesmo un pastel de troita poden ser boas opcións.
Tamén se pode empregar este peixe para acompañar a unha receita de arroz ou de pasta, pratos que agradan aos nenos, ou elaboralo á prancha ou asado (sempre sen espiñas) acompañado de alimentos que chamen a atención dos máis pequenos como o xamón serrano, unhas gambas, unhas patacas fritas ou ben verduras e hortalizas salteadas.
